A clase política en xeral ten moi mala prensa entre a cidadanía; é un dos principais problemas que ten o noso país, segundo as sondaxes.
Os Concellos coa xestión das súas subvencións fan moi pouco para que esa impresión mellore nos municipios, polo que non para de aumentar a percepción de que se lle dá diñeiro a calquera, de calquera xeito.
A oposición de cando en cando ten acceso á información sobre a xestión que os alcaldes fan respecto diso.
Non só hai que facer as cousas ben, senón que hai que transmitilo de igual xeito, porque a consecuencia inmediata é a perda de confianza na clase política. Ese desapego págano inxustamente Goberno e oposición, concelleiros corruptos e políticos honestos.
Hai que darlle a volta á política de subvencións. En moitos Concellos levan máis de 30 anos dando e quitando segundo interesa en cada momento; é demasiado tempo como para pensar que vai pasar algo relevante o próximo 22 de maio.
A subvención pública é un instrumento importante en boas mans, pero nauseabundo cando só premia aos que pensan igual ou se utiliza de xeito coactiva.

Ningún comentario:
Publicar un comentario