domingo, 3 de xullo de 2011

POR QUE AUMENTA A BRECHA SALARIAL ENTRE DIRECTIVOS E EMPREGADOS EN PLENA CRISE?

É paradoxal a facilidade coas que se esixe moderación, ata austeridade, salarial para os soldos máis baixos e o complicado que é pór límites ás retribucións dos executivos. Certamente nun mercado libre é difícil establecer topes, cando se intentou habilitáronse artificios para eludilos (as stocks options, os pagos en especie, as sociedades pantalla de prestación de servizos). A presión fiscal tamén resultou insuficiente xa que hai formulas desgraciadamente legais para evitala. A debilidade xeral dos gobernos incapaces de impor políticas socialmente responsables; a debilidade tamén dos sindicatos, que actuaban como contrapunto; os cantos de sirena das grandes corporacións aos políticos retirados ou semiretirados -¿é necesario dar nomes? -. Son moitos os factores e poucas as solucións. Talvez unha delas é a de recuperar a vella idea socialdemócrata de esixir que os traballadores participen nos órganos de dirección e, por lei, participen nos beneficios.

1 comentario:

Nemigo dixo...

non é paradóxico é ata lóxico

os que cobran (os directivos) non o fan por resultados a longo prazo. Tampouco esperan xubilarse nese posto. Están pra facer cartos e encher os petos. De aí o desprezo polos traballadores. Tanto lles ten que pete a empresa, non estarán nela cando vaía ao tacho