luns, 4 de xullo de 2011

POR QUE NOS?

Xa está, a situación de inestabilidade e precariedade propiciou o movemento denominado 15-M. As sociedades do benestar, cos seus parámetros xa establecidos, se parapetan nos seus protocolos para desoír as reivindicacións dunha poboación cada vez máis descontenta. 
Os casos clamorosos de presuntos fraudes, malversacións, financiamentos ilegais, corrupción e as repetidas e sucesivas tomaduras de pelo en forma de tomas de posesión varias de imputados, veñen reforzar as teorías nas que se basean os recentes movementos que se deixan ver nas nosas cidades. Os políticos non poden seguir de costas á realidade. 
Os dereitos e obrigacións son de todos e os gobernantes deben traballar de forma multilateral. Non se pode deshilachar un día si e outro tamén o sistema establecido con tanto esforzo por parte de todos. As políticas de emprego e as reformas laborais actuais son ineficaces ou insuficientes, o triste é que a actual repartición de sacrificio é unilateral. A época de bonanza non foi similar para todos os sectores, a repartición de beneficios non foi equitativo. 
¿Por que os esforzos teñen que vir necesariamente dunha parte da sociedade máis desfavorecida? ¿Por que todas as reformas recortan invariablemente os dereitos á clase traballadora? Non somos os propulsores desta crise, que alguén nos explique a razón pola cal os mercados marcan todos os movementos políticos. Non entendemos as decisións que se toman mirando ás tribulaciones dos mercados económicos e de costas á sociedade e as súas necesidades. 
Non toleraremos as acusacións da oposición deste país, tratando de delincuente a todo aquel que difira das súas teses. M.L.R.

Ningún comentario: