martes, 26 de xullo de 2011

PREMIOS E AGASALLOS

E é que a política de austeridade de Feijóo permite practicar a elegancia social do agasallo ben a sexa a dona Xustiza, póndolle un piso, ou ao porto vigués montándoa unha fundación.
O alcalde da Coruña reiterou que co agasallo dos terreos onde se asentaba a antiga Fábrica de Tabacos quere "subliñar o seu compromiso coa xustiza". Verdadeiramente nin Camps -con aquel amiguito da alma- fixera tal agasallo. O malo, din os cidadáns, é que regala patrimonio municipal, chan público, cando o máis razoable (e así estaba previsto) é unha cesión.
Xa sabemos que o agarimo verdadeiro nin se compra nin se vende pero, joé, molesta que este compromiso páguese co noso diñeiro. Eu, por exemplo, non lle podía ceder a sala de estar ao moi excelentísimo señor presidente do Tribunal Superior de Xustiza, pois a casa non é miña. Son un alugado. Estou aquí provisionalmente.
Non se se entenden a metáfora, pero nisto de agasallos de amor -co diñeiro doutros- hai máis exemplos na nosa sufrida terra.
En Vigo, aí á beira, sen ir máis lonxe, na Xunta montáronse unha fundación (antes era ¿recordan? unha comisión, pero non nos confundamos que agora non se fala do Gurtel) que languidecía por falta de actividade e que reviviu, mire vostede que milagre señorito, en véspera das eleccións. E alí entre os fastos, e só por 500.000 euros que "pousou" a Xunta, víronse cousas marabillosas: un faladoiro onde conflúen convictos e condenados, en loor da dereita máis extrema.
Unha comisión, unha fundación, un choio, oia...
Aí hai gato encerrado, ou gato ao auga, que se "chivó" o grupo socialista, que denuncia ao Executivo galego que "leva dous anos pregoando que non hai diñeiro para sanidade e educación e monta un circo..." con diñeiro público.
E é que os nosos queridos mandatarios tan rápidos en censurar a palla no ollo alleo (o penúltimo caso cando a Xefatura Xeral de Tráfico anunciou que se pagarán as chamadas solicitando información) puxo todos os ovos (perdón a información) nun mesmo cesto. Un único número: o 012 que ten un custo máximo de 40 céntimos desde rede fixa e 35,29 se chama desde un teléfono móbil. Para máis información chámelles... e pague

Ningún comentario: