luns, 22 de agosto de 2011

HAI QUE MIRAR A LÚA, NON O DEDO

Ás veces a conclusión dunha análise é errónea: as estradas son perigosas, cando o perigo producímolo os humanos. Do mesmo xeito, a actividade dos mercados financeiros non é cualitativamente diferente ao que fai cada un de nós: cambiar o plan de investimento ou de pensións para lograr unha maior rendibilidade. ¿Por que non se ensañan como especulan en Canadá, Suecia, etcétera? Sinxelamente porque son países ben xestionados.
Sería curioso saber, do mesmo xeito que coñecemos da economía mergullada, a porcentaxe do PIB que supón o malgaste nos diversos países. Os políticos españois, na súa burbulla parlamentaria, deberían deixar de mirar ao dedo (culpabilizando aos mercados dos nosos males) e fixarse na lúa (erradicar o malgaste que campa polas súas anchas en calquera autonomía).
Seguro que os mercados esqueceríannos. Pouco custa facer a proba. No país da picaresca comézase deixando campar os cheques sen fondos e acábase en Gürtel, SGAE e o que veña. Unha xustiza de fai séculos, con penas pequenas e períodos de prescrición de poucos anos condúcennos a hoxe.

Ningún comentario: