xoves, 12 de xaneiro de 2012

A ESPAÑA QUE VAI BEN

Non me refiro claro á España da maior parte dos meus concidadáns, senón á deses poucos que nunca perden e sempre gañan. Leo que as grandes fortunas do noso país creceron durante o pasado ano case un 7%, moi diferente ás perdas da maior parte de nós. Mentres as matriculacións de automóbiles normalitos caeron case un 18%, pondo ao bordo do paro moitos postos de traballo asociados a este sector, os de gran luxo experimentaron un incrible incremento do 83%.
Por iso, polo ben que vai esa España, estráñame moito que todas as medidas e recortes deste novo Goberno, e ata do anterior, carguen a recuperación do país sobre os ombreiros da outra España, a dos traballadores e pensionistas, ou sexa as clases media e baixa deste país. Algo falla cando os responsables desta crise mundial, saen de rositas e gañan cada vez máis mentres a factura das súas incompetencias pagámola o resto, que somos a maior parte do país.
Non sei, pero dame a impresión de que algo e moi gordo falla, cando saio ao volante do meu modesto Opel, vexo moitos Mercedes, Lexus, Audi e BMW de alta gama e entón as contas non me cadran. ¿Hai tantas grandes fortunas no noso país? Creo que non, o que ocorre que por algún lado debe aflorar esa economía mergullada que supón case o 25% da nosa economía e que campa polos seus respectos, mentres que os diferentes Gobernos miran cara a outro lado.
Para que España, a de todos, vaia ben necesitamos unha reforma fiscal que non consista en subir impostos indiscriminadamente, senón que garanta que todo o mundo pague o xusto sen excepcións. E.C.

Ningún comentario: