domingo, 18 de marzo de 2012

EUROPA, VAN A POR TI

Curioso: De Guindos de Lehman Brothers; Mario Draghi presidente do Banco Central Europeo antigo vicepresidente de Goldman Sachs en Europa; Mario Monti, primeiro ministro italiano ex director europeo da Comisión Trilateral (Rockefeller) e membro da directiva do club Bilderberg. A economía Europea acepta ser avaliada só polas axencias de cualificación americanas. ¿Aceptarían os americanos ser cualificados só por axencias europeas? A estes banqueiros esquéceselles mencionar os paraísos fiscais onde se atopa unha gran parte da nosa débeda.
Nestes momentos en que máis que nunca se necesita dunha voz forte na Unión Europea, nosos "honorables políticos europeos" elixen como cabezas visibles (máis ben invisibles) a Van Rompuy e a señora Ahston...
¿Que significa iso de "ataque dos mercados"? eu chamaríao acción concertada duns cantos que controlan a economía de Occidente e aos que lles molesta esa illa de Estado do benestar que aínda é a Unión Europea. É evidente que todos os políticos europeos con poder aceptan as ordes -que supón un auto suicidio para Europa- dos altos poderes financeiros

Ningún comentario: