venres, 11 de maio de 2012

DEUS DEA A QUEN BOTARLLE A CULPA!

Dende o principio dos tempos a mentira foi unha arma para acadar beneficios ou vantaxes. E grazas ao seu uso, algúns acadaron dende victorias electorais, ata batallas e coroas coas que seguir mentindo, dende a impunidade que lles da a facilidade coa que a memoria colectiva limpa os seus arquivos, e fai tabula rasa para empezar de cero sen pasado nin rencores.
Antes, cando a política tiña palabra e compromiso, o que quería peixes tiña que mollarse o cú; o que cruzaba un río saía mollado e ben que se lle notaba… hoxe, os que dixeron que nunca subirían os impostos, subíronos e non pasou nada. Os mesmos dixeron que non tocarían nunca á Sanidade nin a Educación, e fixérono. Esos, que anunciaron ían quitar as peaxes da AP-9 en Pontevedra, agora cobrarán peaxes ata nas autovías. Os dirixentes populares que asinaron que nunca subirían o IVE e fixeron unha campaña brutal no seu día, agora anunciaron xa que a principios de ano subirán o IVE, total como temos o máis baixo de Europa…
Todos aprendemos de pequenos que a mentira podrida é un gran saco sen fondo no que caben moitas mentiras podridas, as que xa se fixeron e as que aínda quedan por chegar. Asistimos con decepción ás consecuencias dunha realidade falseada para gañar unhas eleccións. E un venres sí e outro tamén, Rajoy e o PP rompen con algún outro compromiso. Pero non son culpables… Aprenderon dende pequenos que o único importante e ter algúen a man a quen poder botarlle as culpas. D.T.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Lo que sí parece estar claro es que es una cuestión de confianza, pero no en le País, sino en el Gobierno de ineptos que tenemos en estos momentos. Para poder genera confianza en el País es una política de aumentar los ingresos con los que se pueda pagar la duda pública, y no una política de recortes y de la reforma laboral que lo único que va traer es más depresión económica y menos ingresos que a su vez, generaran más desconfianza y tendremos que volver a hacer más recortes.


Y para el colmo de nuestros males, se plantea una amnistia fiscal para los delincuentes fiscales que tienen el dinero de la especulación inmobiliaria debajo de la bardosa. Y se desprecia la oportunidad de tener unos ingresos que pudieran ser suficientes para genera confianza sin necesidad de recortar nada. Tengamos en cuenta que la economía sumergida supone un 20 a un 30% del PIB.