martes, 1 de maio de 2012

ESTAMOS ANTE A ESTAFA PERFECTA

A mellor estafa é aquela en a que o estafado nunca chega a ser consciente da súa condición. A estafa perfecta aínda vai un paso máis aló, e neste caso o estafador é capaz de conseguir o agradecemento da vítima.

Ameázannos co abismo, para acto seguido rebaixarnos o soldo como única salvación posible. Asegúrannos que estamos ao bordo do precipicio inmediatamente antes de convencernos de que o único que pode evitar que caiamos son os recortes. Advírtennos de que as prestacións sociais vannos a conducir á ruína e inmediatamente comezan a desmantelalas. Os dereitos laborais son incompatibles co crecemento así que hai que eliminalos. Quítannos dos nosos petos o diñeiro que hai que entregar como intereses aos especuladores e usureros. E no medio deste naufraxio hai que salvar primeiro aos bancos se é que queremos ter algunha opción de salvarnos todos os demais.

Finalmente entre ameazas de fin do mundo acaban por convencernos de que todos temos que ser máis pobres para que os ricos sexano un pouco mais, que ao parecer é a única forma de que o mundo siga virando.

A estafa vén de lonxe, de moi lonxe, talvez estivéronnos estafando sempre, pero agora está chegando á súa perfección. Recórtannos salarios, despídennos, desposúennos de dereitos, róubannos e méntennos. E están a piques de conseguir que aínda deámoslles as grazas. S.F.I. 

Ningún comentario: