mércores, 2 de maio de 2012

RAJOY POR NECESIDADE

Un podería deixarse levar polo título deste post e pensar que son os españois quen necesitan a Rajoy. Non é o caso. É Merkel quen parece que llo arrimará -nin sequera será ela a que se arrime ao líder do PP-, máis por necesidade que por gusto. Que Merkel non se fía un pelo de Rajoy é un feito e a mellor proba diso son os constantes bandazos e incumprimentos de promesas electorais que o noso presidente estase vendo obrigado a executar para pelar a pava á alemá. Nada parece ser suficiente, no entanto.
Mentres, Merkel ve perigar a súa ditadura de austeridade coa presumible caída de Sarkozy e o ascenso de Hollande en Francia, disposto a liderar a revolta prol-estímulo en Europa. Unha revolta, doutra banda, cada vez máis apoiada polos diferentes organismos, institucións e Premios Nobel de Economía. Caído o apoio de Sarkozy, ¿que lle queda a Merkel? Cameron fai tempo que está fóra de xogo co seu euroescepticismo e nin sequera Monti séguelle xa o xogo, reclamando máis medidas de estímulo... e, así as cousas, Rajoy é o premio de consolación.
Rajoy, mentres, oposita con todas as súas forzas á substitución do pequeno Napoleón, convencido de que Merkel e os seus postulados son a saída da crise ou, polo menos, o mantemento do euro. Pero, ¿realmente é así? Probablemente nin o un nin o outro. As políticas seguidas ata a data non deron os seus froitos e, ata, acentuaron aínda máis a crise. En canto ao euro e a propósito do enorme sacrificio que nos suporía a saída, ¿estanos axudando a escapar da recesión? Quizais os sacrificios necesarios para manter o euro sexan maiores que os afrontados para deixalo atrás... e refírome aos que ha de afrontar o cidadán medio, non as grandes fortunas e poderosos, aos que o mantemento do sistema beneficia en sumo grao.
Ademais, de volver á peseta, Montoro estaría encantado coa cantidade de novas regularizacións de diñeiro negro que se realizarían...

Ningún comentario: