mércores, 30 de maio de 2012

O MALGASTO DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Deberiamos recordar que a maior parte do gasto en España prodúceno as comunidades autónomas, e que na metade delas quen goberna é o PP desde fai lustros e lustros aplicando as políticas "de confianza" que cre convenientes; pero é que ademais o PP goberna desde fai un ano nunhas cantas que lle faltaban por gobernar (salvo Andalucía, País Vasco, Asturias e Cataluña) así que desde fai muuuuuucho tempo deberían coñecer o estado das contas, das súas propias contas. E curiosamente a maior parte das Caixas de Aforros polo tanto tiñan nos seus consellos de administración xentes políticas do PP na súa maioría, e bastantes do PSOE (si, e tamén de forma testemuñal en número algún representante dos sindicatos). E o Banco de España, que obviamente non fixo todo o ben que debía os seus deberes, ben que lles servía aos argumentos do PP cando coincidían co seu presidente no necesario das reformas laborais, nas reformas estruturais, nos seus informes nos que insinuaba un adelgazamento da administración.
Xa non nos acordamos agora cando na última lexislatura as hostes do PP non daban nin pan nin auga a ningunha das propostas do goberno cando xa a cousa púñase fea, nin o apoiaban na súa relacións internacionais, e fuxían da palabra consenso, e miraban para outro lado cando algúns dos seus políticos andaban metidos en xuízos(caso Bárcenas, caso Gurtel, caso Baleares, etc). Pero é que ademais os argumentos en contra dos mercados seguen sendo igual de válidos agora como fai uns meses; e se non que lle pregunten a Rajoy e a de Guindos que opinan agora dos mercados, cando xa recoñeceron publicamente que non saben que outras cousas facer para acougalos e pediron a axuda directamente de Europa.
Calquera economista diralle que o problema de España non era de déficit público nese caso estabamos mellor que a maioría de paises europeos, senón de débeda privada e de activos tóxicos dos bancos. Uns bancos que por certo non eran gobernados por sindicatos nin por políticos nin por xente que cobraba o soldo mínimo. Algunhas cousas  son certas, pero hai moitas cousas que non se din que tamén son certas, e ese é un dos problemas deste país: ninguén enfoca toda a realidade senón o anaco que máis lle convén.

1 comentario:

Anónimo dixo...

La sociedad en espana esta anestesiada o la sangre se derramo toda ya y no hay mas la siverguenzeria de momento ocupa lugar preferente. Tambien parece que Europa esta ciega esta se congratula con los recortes , pero esta tambien esta ciega , no ve la falta de coherencia que hay en Espana no saben ver que la Democracia es un Fraude a la sociedad no saben ver que Inglaterra deveria estar mas activa denunciando estas incoherencias no quieren ver que se esta a punto de reventar . Pero si van a ver que el dinero no se le puede ceder a un pais y que cuatro simberguenzas se lo queden entonces cuando esto suceda podremos decir que Europa nos escucha a Galegos Vascos y Catalanes y otras comunidades que quieren serlo y entre todos formemos una REPUBLICA FEDERAL Y ENTRE TODOS GOVERNEMOS.