martes, 22 de maio de 2012

OS GRANDES PISAN AOS PEQUENOS

¿Por que os gobernos teñen tanto interese na concentración de grandes grupos económicos? Lehman Brothers, Bear Stearn e Bankia... Grandes grupos grandes desastres, que nos arrastraron á ruína. Os supervisores, auditoras e axencias de cualificación déronas por boas ata a ruína. Os timos dos humanoides corruptos que saíron forrados, mentres que os demais estamos pagando as consecuencias da crise e salvando aos culpables cos nosos impostos. Non pagan os responsables. Logo de enganarnos.
A globalización elimina a competencia, a capacidade e mérito. Á falta de valía uníronse a cobiza e o malgaste para a crise perfecta. Todo xunto contra a economía social. Aí están os resultados: estafas, quebras, paro, crise económica e de valores. Mentres, o gobernador do Banco de España e supervisor das caixas e bancos imploraba que había que conter os salarios, esquecendo que os directivos arruinaron esas entidades. Cando crebou o Lehman, afirmou que os bancos españois non tiñan produtos tóxicos.
Os gobernos non pintan nada ante estes grupos económicos que o esnaquizan todo coas súas especulacións, creadores de crises, pero non anulan os paraísos fiscais, refuxio de saqueadores. Para facer política hai que ter autonomía económica. Fagan negocio, señores, pero non deixen a millóns de persoas na miseria. Estes especuladores son como o sapo, ao que se lle pon un pitillo acendido na boca, non para ata que rebenta. M.V.V. 

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

LOS POLÍTICOS SON EL PROBLEMA

La desconfianza en España es debida a la condición de "trileros" de los mandatarios políticos. Es inconcebible que por tres veces se haya cambiado la cifra de déficit. Imagínese que un padre le pide a un hijo que le diga sus resultados académicos. El niño le dice que suspendió una, dos días después que suspendió dos y una semana después que suspendió tres. El padre lo puede resolver con un bofetón para que se espabile. Eso es lo que hace la UE con España: desconfía y nos da un bofetón en forma de no comprar deuda desde el BCE y envío de auditores.

Por otra parte, el mal del sistema financiero está sobre todo en las Cajas, gestionadas en gran medida por representantes políticos. No creo que los bancos (Santander, BBVA, Popular, Banesto, etc...) tengan problemas graves.

En fin que, no paro de decirlo, los políticos y su bajo perfil y nivel son el problema.