xoves, 3 de maio de 2012

¡QUE TEMPOS AQUELES!

A chegada do venres era esperada polos traballadores para poder gozar do fin de semana. Hoxe a chegada do venres, espérase con preocupación e temor ás ata agora malas noticias que nos dá o Goberno despois do Consello de Ministros. Segue subindo o paro, e din que este ano as listas de desempregados vanse a incrementar en máis de 600.000 traballadores. Se é certo que a Reforma Laboral non abarata o despedimento senón todo o contrario, que creará postos de traballo, a explicación debe ser que hai que eliminar no ano 2012 aos máis vellos e aos que teñen recoñecidos os seus dereitos polos convenios e pola negociación colectiva.
Acórdome daqueles fins de semana, que podías ir ao cine. Hoxe nesta cidade, nin iso; porque fixeron un ERE, e péchanos.
Os museos, eran outra opción cultural; pero xa pecharon varios e está sen subvención varias  fundacións.. co que temo que tamén se pechen outras. Aínda que nos queda o Museo da Semana Santa que tamén é cultura.
Polo fin de semana, perdemos dous días para buscar traballo; pero podemos ir á casa da cultura ou á biblioteca -que segue sendo gratuíta- pedimos un libro, ímonos ao parque e sentámonos nun banco, cando o despexamos da sucidade acumulada pola falta de limpeza, xa que foron despedidos os traballadores que se ocupaban en facela.
E se non imos aos fantásticos espazos naturais existentes, é polo que custa o carburante.- M. G.U.

Ningún comentario: