domingo, 22 de xullo de 2012

O NOSO MAL É A CORRUPCIÓN

A crise que padecemos é un fenómeno complexo producido por múltiples causas, internacionais unhas, nacionais outras. Detrás hai responsabilidades humanas. Ser consciente disto é a condición intelectual necesaria para previrse contra calquera explicación reducionista ao uso, sexa de tinguidura económica ou puramente ideolóxico.
Os nosos gobernantes aparecen tan desorientados que só poden ir a remolque duns acontecementos que os superan. Necesitados de verdades como estamos, velaquí unha: o noso mal é a corrupción. Corrupción da política, que substitúe o encontro dialéctico polo monólogo mediático; corrupción da economía, que substitúe a produción sostible pola especulación depredadora; corrupción da democracia, que reelixe representantes que acreditaron a súa indignidade para iso; corrupción da xustiza, que ultraja a súa imparcialidade subordinándose a intereses espurios; corrupción das institucións, que desprezan a profesionalidade ante o servilismo. Respiramos unha atmosfera tan viciada que non se considera extravagante que a xustificada vergoña que deberiamos sentir se disimule con espaventos de pretendido discurso moral.
Aproveitemos a crise para facernos eticamente mellores, busquemos alianzas con socios que persigan unha auténtica reconstrución das nosas sociedades, española, europea e mundial. É un imperativo do noso tempo poñer en valor a Política, a Economía, a Democracia, a Xustiza e as Institucións. Non nos resignemos á melancolía. Sexamos educados. - M.G.F.

Ningún comentario: