luns, 9 de xullo de 2012

TODO FALSO

Parece mentira que sendo tan bos na utilización do falso dianteiro non sexamos capaces de detectar as imitacións que nos venderon a prezo de marca.
Dada a rapidez coa que caemos na mendicidade, cabe preguntarse se o euro co que acudimos ás rebaixas das rebaixas non será unha pobre peseta disfrazada de señora rica. Vénnos agora á memoria a alegría absurda coa que recibimos o advenimento da moeda única, a pesar das desfeitas que produciu nas nosas existencias.
A vida encareceuse de hoxe para mañá nun vinte ou un trinta por cento. Fíxonos máis pobres, en fin, porque todo redondeouse cara arriba e porque tendo unha moeda de millonarios dábanos vergoña andar cunha contabilidade de pobres. Vendéronnos tan ben aquela peseta de cobre con antifaz de ouro que saïamos nos telexornais dándonos palmadas nas costas. Ata Aznar vangloriouse durante anos, con toda a cara, de habernos metido nese club no que agora nos tratan como a uns apestados ou como a ese parente pobre que intenta gardar as aparencias cuns Levi´s falsos e un Rolex falso e un bolso de Loewe falso e unhas Adidas falsas. E iso que a entrada no club fíxose a base de sacrificios aos que tamén entón chamabamos reformas.
Enseguida descubririamos que o noso sistema financeiro era falso e que as nosas caixas de aforro, todas falsas, estaban dirixidas por expertos falsos que roubaban diñeiro verdadeiro sen que ningún deles dea aínda cos seus ósos no cárcere. Todo falso, incluída esta pobre democracia apenas estreada. O curioso é que no recente triunfo futbolístico de España sexa decisiva a figura do falso nove, que polo visto é en realidade un oito: finxe que xoga arriba, cando en realidade xoga abaixo, para desconcertar ao adversario. Parece mentira que sendo tan bos na utilización do falso dianteiro non sexamos capaces de detectar as imitacións que nos venderon a prezo de marca. Juan J. Millás

1 comentario:

Anónimo dixo...

A pesar de eso, a pesar de que existe plena conciencia de que unos “ladrones empedernidos mediante el cambio del valor”, de trajes de 3000 dólares y salarios millonarios, han creado el problema y pretenden cargar a las espaldas de aquellos que han hundido todo el esfuerzo de cualquier recuperación; la mayoría de los políticos en un anestesiado moral de la conciencia se dirigen a nosotros, desde sus atriles, solicitándonos resignación mientras nos colocan en el altar del sacrificio.


Es falso que dentro de las limitaciones del proceso, no existan otras salidas y otras alternativas que no sea dicho sacrificio. Solo es la excusa para sostener, -del mismo modo que se negó el crecimiento de la burbuja y sus consecuencias, una y otra vez, por las instituciones de control del sistema financiero-, que sin otras salida debemos resignarnos a mantener la actual situación. Aquella que permite el nivel de injusticia social antidemocrática representada por la expropiación del 80% de la riqueza producida mediante la especulación.


Un cambio político es necesario una vez que las actuales representaciones de los ciudadanos se muestran como los protectores de esa desigualdad y los gestores del sacrificio de los mas débiles, sin que podamos esperar que los mismos hagan ningún tipo de revolución.