martes, 21 de agosto de 2012

UN GOBERNO INEFICAZ

Mario Monti é o primeiro ministro de Italia e ademais responsable da carteira de economía. Aínda que é un repugnante ex Goldman Sachs, fai un traballo competente xa que coñece moi ben os mecanismos internos da UE e se comunica ben cos diferentes "paus" que hai tocar falándoos no seu propio idioma (exprésase en Inglés e Francés correctamente) e o que máis importante ten perfil idóneo para acometer o traballo que lle encomendaron.
Mariano Rajoy non ten nin idea de economía, se caga nas reunións internacionais dando unha impresión patética e lamentable, ten o don da inoportunidade escondéndose no seu burato nos momentos duros. É un político de segunda que nunca debía de ter pasado de ser ministro correspondente do ministerio dispoñible en cada momento. A súa querida vicepresidenta non lle vai á zaga así como o resto da tropa: Non se decatan, non se comunican entre eles. O único que saben facer, e mal, é tomar as tesoiras e recortar por todas partes facendo sanguentos trasquilones, pero iso si, dar cana co do aborto, os touros, a igrexa, o matrimonio gay, os colexios de curas.., dende o minuto 0. Fixeron a enésima purga en RTVE da forma máis caciquil e cafre posible. Non nos enganemos, temos unha dereita antiga e beata, profundamente ineficaz e decimonónica, con tinguiduras fascistas e franquistas, encistada como un cancro nas institucións do Estado e nas empresas públicas, e como non, nas antigas caixas de aforro.
Se nos coló un goberno acarunchado, co fracaso gravado na fronte, cuxos membros non reflicten en absoluto nin a forma nin o sentir da sociedade actual (o 100% incluídos os altos cargos xuraron sobre a biblia, cunha maioría apisoante masculina e cuns esquemas tan antigos como avergonzantes), é coma se tivesen conciencia de que están acabados e esta é a súa última oportunidade para poñer "as cousas no seu sitio" e "como Deus manda.
 

Ningún comentario: