venres, 7 de setembro de 2012

DI RAJOY QUE SABE, DEBEDOS CRELO?


Fernando Glez Urbaneja
Di o presidente Rajoy que sabe o que cada Comunidade Autónoma vai necesitar para facer fronte aos inmediatos problemas de liquidez e que cos 18.000 millóns previstos será suficiente. E di tamén que iso non afectará ao nivel de débeda. E se o di habería que crelo, carece de sentido que saiba algo distinto do que di ou que non pense o que di. De maneira que non debemos dubidar. Outra cuestión é que o que sabe sexa o que vaia acontecer.
A credibilidade do sector público respecto ás súas contas e as súas previsións é limitada, levan tempo equivocándose, o anterior goberno con obstinación, e este con tesón. Se Rajoy sabe o estado das contas das CCAA e o que vai pedir para evitar un non pagamento que provoque unha quebra do Estado o que resulta difícil de entender é que non puxesen mans á obra e repartise eses 18.000 millóns, ou os que sexan, con máis celeridade. Non é doado entender o comportamento do presidente, aínda que quizais é que os seus camiños son inescrutables.
Tamén di Rajoy que o próximo ano non van subir nin o IRPF nin o IVE. E as dúbidas crecen; porque esa experiencia xa a pasamos. Hai menos dun ano dixo o mesmo e aconteceu o contrario. O que lle pasa ao presidente é que non quere subir os impostos, pero as circunstancias impóñenllo. Como debe de sufrir este home, tomando decisións que non comparte e que non lle gustan un pelo! Por iso mesmo as súas afirmacións sobre o que fará ou non fará son pouco relevantes. Fará o que poida e, fundamentalmente, fará o que lle pidan os acredores.
Con respecto a iso de que o fondo de liquidez para as autonomías non significará incremento do déficit estamos nestas. Iso é o que quere o presidente, coa súa boa intención de sempre. Pero o diñeiro non se pinta, nin nace nas árbores. Para eses 18.000 millóns vaise endebedar a lotaría, nova débeda, e previsiblemente o Estado. Polo tanto non será doado evitar pasar polo Presuposto e o déficit unha boa parte deses fondos. E outro tanto para os do rescate bancario.
Nesta materia, competencia e responsabilidade do celoso ministro de Economía tamén hai pretensións tranquilizadoras. O ministro di que ese banco malo que van crear de inmediato e que antes non lle gustaba un pelo ao ministro, non vai custar nada aos contribuíntes. De novo traizóanlles os bos desexos, iso é o que queren, pero a realidade pode volver xogarlles unha mala pasada.
En resumo a economía española está débil de credibilidade. E o goberno tamén; o que din é o que queren, pero non o que pode ser posible, logo vén a realidade e arruína as súas expectativas. Podían extremar a prudencia, non aventurar hipótese, pero non é sinxelo e a conxuntura, tan mudable, non axuda. En resumo que hai que recorrer a santo Tomás apostol e só crer o que se ve e se toca; e non o que se desexa.

1 comentario:

UN CIUDADANO dixo...

PP=PIARA DE PUERCOS

¿Es incapaz de ver la realidad política y social de España?

Yo diría que la ve muy bien, pero que sus objetivos son muy distintos a los de la ciudadanía. Muchos foreros parten de una premisa falsa: que el gobierno DEBE o DEBIERA afrontar la crisis sistémica con el menor coste social. Y en eso nos equivocamos. No están para eso. Están para llevar a cabo (mejor dicho, continuar y avanzar) una transición hacia un nuevo modelo que se levanta poco a poco sobre el desguace del estado del bienestar, para permitir que el capitalismo financiero especulativo encuentre nuevos pastos de negocio que le permita seguir creciendo y aumentando sus suculentos beneficios. No hay ignorancia en el PP: saben bien lo que quieren. Están ejecutando a la perfección sus planes, y encima consiguen que discutamos sobre cortinas de humo. Pensar que al gobierno del PP debiera importarle la ciudadanía, es cuando menos ingenuo. La derecha nunca gobernó, no gobierna y nunca gobernará para la ciudadanía.