xoves, 27 de setembro de 2012

QUEN XESTIONA A UE E ESPAÑA?

Está claro que na UE e en España goberna Merkel, o país máis rico que fai política seria. Os seus bancos financiaron a burbulla inmobiliaria a través dos españois e queren cobrar. Os nosos gobernos consentírono, os cidadáns cargamos co morto. Rajoy di que ten que facer o que manda Bruxelas. Quen nos defende? Onde están os máximos representantes da UE, Durao Barroso, presidente da Comisión Europea, e Rompuy, presidente do Consello? Non hai UE, nin dos cidadáns, nin dos estados, nin das rexións, só hai UE dos bancos, que crearon o caos, pasaron a usurpar o posto dos lexitimados gobernos, que fixeron renuncia das súas funcións. O seu voceiro, Merkel.
Non pode haber unha Europa se non hai políticos para defender a unión política e fiscal. Fixéronnos crer que España o podía todo. Pero o diñeiro, igual que a materia, non se destrúe, transfórmase. Onde esta? Con tanta avaricia, fraude e paraísos fiscais. Rompeuse o equilibrio, agora unha volta de rosca dos especuladores aos que crearon riqueza, deixando a cidadanía sen Estado que os protexa. Son manobras económicas impulsadas por unha ideoloxía chea de ambición e cobiza para rematar coas conquistas sociais, por culpa de malos políticos que deixaron aos cobizosos, que puxeron todo patas arriba para consolidar a súa superioridade de dominio. Política vertical dunhas elites saídas e afianzadas na globalización.
Se verdadeiramente quixesen afrontar a crise, non se basearían no aumento de beneficios coa fabricación de armamento, vendéndoo a países que despois teñen que rescatar (Grecia). A crise é mundial, pero hai países que gobernaron mellor, son os que teñen que rescatar a España para rematar o negocio. Por iso, impóñennos os recortes e deberes, pero, quen defende os nosos dereitos? Ninguén. Os nosos representantes son actores que obedecen os autores, impoñéndolles a misión de engaiolar os cidadáns para lexitimalos cos nosos votos. Políticos de carton pedra. Nada máis.

1 comentario:

Anónimo dixo...

El grave problema, aparte de la prioridad de los politicos para mantener su poder a cualquier precio ( enfrentar a sus respectivos votantes con demagogia y aun falsedades ) es que muchos habitantes de Catalunya tienen el sentimiento de que estan defraudados, (sentencia Estatut) y se prefiere aquello de mejor solo que mal acompañado.
Hay que dialogar como decia Ernest Lluch, y cuando se llega al final del camino volver a empezar aun con mejor voluntad que la vez anterior, lo que sucede es que como dice un refran castellano, donde no hay harina todo es mohina, y las ambiciones materiales de algunos lo abundan en estos momentos