sábado, 6 de outubro de 2012

EMPOBRECEMENTO E DESALENTO

Mentres observamos a crua realidade que nos rodea, que pouco a pouco nos vai ofrecendo un aspecto progresivamente peor, é moi difícil non caer no desalento. Como están a recoñecer economistas de gran prestixio, o que está a suceder non é senón unha xigantesca transferencia de recursos financeiros dende as clases medias, traballadoras e menos favorecidas cara aos bancos, eses mesmos bancos que provocaron a crise mundial de 2007/08. ¿Quen, se non, están recibindo os intereses fabulosos da crecente débeda pública de estados como España, en cuxos presupostos de 2013 se destinan nada menos que uns 38.000 millóns de euros exclusivamente para ese capítulo? E o malo é que, neste sinistro e empobrecedor proceso, os gobernantes "democráticos", nos cales o pobo depositou de boa fe a súa confianza, asumen o papel dos nosos principais verdugos.
O problema complícase, no caso de España, pola nosa dependencia dunhas institucións europeas que actúan con extrema lentitude. Mesmo cando se produce o milagre de chegar a uns acordos minimamente satisfactorios, estes tardan logo unha eternidade en aplicarse. Á ineptitude e incapacidade do goberno nacional únense a inutilidade e indecisión da UE, que non cesa de dar voltas e voltas a ideas como axustes do déficit, apoio á moeda única, fondos de rescate, unidade bancaria, supervisión, austeridade, débeda pública... As reunións ao máis alto nivel, os cumios, as declaracións, etc., sucédense sen fin, pero sen que cambie nada no fondo das cuestións. Para os que estamos máis ou menos ao tanto das noticias, todo resulta sumamente canso e desalentador.
Precísanse con urxencia cambios de enfoque e medidas contundentes e drásticas, que actúen como estímulos da economía real. Mentres esta non se dinamice e creza, o empobrecemento continuará, e o desalento tamén.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

El ultracapitalismo es quien ha esparcido la semilla de que los economistas(gestores) gobiernan mejor un país que los políticos, que las ideologías ya no son necesarias. Para conseguir que la gente se lo crea, han aprovechado cualquier corrupción, que implica solo a una minoría de políticos, para decir que todos son parte de una casta parasitaria que vive de los demás. Luego han hecho lo mismo con cualquier organismo o representante, ya sea juez, sindicalista o rector de universidad. Los cornetas, los que trae aquí JMI, han han sido parte necesaria para extender esa mentira, con mención especial para los miembros del PP que, siendo ejemplo de corrupciones también han propagado el mantra poniéndose de perfil haciéndose pasar por buenos gestores. Todos los libegales han creado la idea de que los políticos son decadentes, y ya es una convención social. Las hemerotecas están llenas de soflamas contra la ideologías políticas.
-