domingo, 7 de outubro de 2012

GRAZAS AO CREDITO

Utilizar a situación española contra Obama é alucinante pero bastante comprensible. Os estafadores sempre culpan os estafados xa que foron uns "primos" que se deixaron enganar. A situación de España creárona individuos como Romney, de misa diaria, pero que non teñen ningún problema en estafar a destro e sinistro. A verdadeira natureza da crise española (o que a fai diferente) é que non se basea nunha dilapidación en políticas sociais (habia superavit na época inicial de Zapatero aínda que este se baseaba no espellismo da burbulla inmobiliaria) senón no baleirado das institucións financeiras (especialmente das caixas de aforro que non son, non eran, de ninguén), a apropiación por parte dos especuladores inmobiliarios e financeiros dese capital e o pedido a bancos estranxeiros, e a transferencia desa débeda aos hipotecados, os "investidores" inmobiliarios de baixo nivel, e os contribuíntes en forma de bancos e caixas nacionalizados xa rescatados polo Goberno.
Todo iso só foi posible grazas ás políticas do Goberno Aznar que o fomentaron, de forma premeditada. A ese señor só lle ineresaba iso: permanecer 8 anos, montar esta lea (do que se debeu beneficiar), e deixarlle o morto ao seu sucesor (que debía de ser un parvo útil na súa opinión) mentres enchía o pais de inmigrantes (para traballar na burbulla e aumentar o número de endebedados ou estafados potenciais), e de prexubilados (para impedir que a protesta social que puxera ao descuberto a desindustrialización e a destrución do tecido produtivo).
Nin con maioría absoluta cambiou a lei do aborto nin a do divorcio nin nada xa que iso non lle interesaba. Non poderemos recuperar a credibilidade mentres non xulguemos (e condenemos) os responsables financeiros e sobre todo políticos de todo esa estafa, que se parece moito máis a unha pirámide de Ponzi que a unha burbulla inmobiliaria como a que houbo noutros paises e que alguén ideou grazas ao crédito barato obtido coa entrada no Euro.

Ningún comentario: