mércores, 3 de outubro de 2012

PRESUPOSTOS ANTISOCIAIS

O presuposto en pensións aumenta menos do que crecen os xubilados.
As bolsas recórtanse, a pesar do anunciado polo Goberno.

Que as contas non cadran na elaboración dos Presupostos Xerais de 2013 quedou claro este xoves cando o Goberno anunciou as súas optimistas previsións de recadación e de evolución da economía. Pero o titular de Facenda, Cristóbal Montoro, deixou patente na presentación completa das contas públicas, este sábado no Congreso, que ademais tampouco encaixa a letra. O Goberno anunciou en grandes titulares os principais eixes de gasto do presuposto, como a suba das bolsas ou no mantemento da partida de I+D+i, entre outras, pero unha análise rápida das cifras deixa ao descuberto a falacia destes datos. Nin música, nin letra acompañan o que Montoro bautizou como uns presupostos "moi sociais", nos que o groso do gasto se vai en pagar unhas pensións polas que xa cotizaron os españois e en facer fronte aos intereses da débeda.
En xeral, case ningunha das cifras que dá o Goberno son o que parecen ser, agás, paradoxalmente, o pagamento dos intereses da débeda. "Solo soben as pensións, o pagamento da débeda e as bolsas", asegurou Montoro en varias ocasións.
Por partes. As pensións soben, si, pero porque aumenta o número de pensionistas e a contía que reciben grazas a que os novos xubilados que acceden ao sistema o fan con bases de cotización máis elevadas onde o efecto da alza do 1% xeral das prestacións anunciada polo Goberno queda moi diluído.
Se tomamos como base que o pasado ano se presupostou un gasto en pensións de 101.953,80 millóns en prestacións contributivas, unha alza do 1% equivalería a pouco máis de 1.000 millóns de euros polo que o montante que excede ata o presupostado para este ano (106.350 millóns) se pode atribuír ao aumento natural da nómina das pensións.
Cabe resaltar que cada mes, segundo publica o Ministerio de Emprego, a nómina de pensións crece a un ritmo superior ao 4% (un 4,4% no mes de setembro, o último dato publicado). Así, en total pagarase un 4,3% máis en pensións contributivas, pero o groso desta suba débese ao efecto da incorporación de novos cotizantes.
O resto das partidas dentro da carteira de "Servizos Públicos Básicos" descende, incluída a de "Servizos sociais e promoción social" que malia aparecer no cadro de resumo cunha suba do 34,4%, a letra pequena advirte de que o aumento se destinará a atender obrigas de exercicios anteriores. Por iso, o resultado final é unha caída do 14,4%. Só o gasto en melloras administrativas dispárase en máis de 1.500 millóns de euros por unha compra de activos propiedade das Mutuas de Accidentes de Traballo.
Ademais, cando o Goberno di que o 63,6% do gasto se destina á partida social, faino excluíndo a partida de débeda pública (38.589 millóns de euros). Unha vez engadida esta liña do presuposto, o gasto social apenas supera o 55% das contas públicas. Tamén se queda fóra unha nova prorroga do plan Prepara.
En canto aos outros anuncios do Executivo, caen polo seu propio peso. As bolsas caen nun 3,8%, aínda que o Goberno asegura que soben parapetándose en que "as máis importantes" (na súa opinión), as concernentes a universidades, o fan nun 2%. Tamén se maquillan as cifras respecto a investigación civil. Aínda Que a dotación só reflexa unha caída de 70 millóns de euros respecto aos 5.633,2 de 2012, o certo é que o presuposto destinado a subvencións, as que realmente son útiles para o financiamento da I+D, cae en 340 millóns de euros.

1 comentario:

UNO dixo...

Que todos los recortes que estamos sufriendo solo sirvan para pagar los intereses de la deuda, y que además esta siga creciendo es una perversión de tal grado, que conviene empezar a preguntarse si no haríamos mejor dejando de pagar la deuda que ha generado la crisis financiera. No es lógico que un país con una deuda pública inferior a la de otros muchos países esté agravando día a día su situación y la de sus ciudadanos por que sencillamente los intereses de nuestros prestamos han aumentado, gracias al grado de confianza que dan una agencias de rating situadas fuera de Europa. No puede ser que durante 4 años de crisis, la unión europea no haya generado mecanismos que impidan la especulación con las deudas soberanas. La falta de iniciativa en cosas de tal gravedad solo responde a una franca voluntad de que las cosas sigan así.
He trabajado más de 15 años en ayuda humanitaria, lo suficiente para darme cuenta que los problemas del tercer mundo y de la pobreza y el hambre, no eran causa de una falta de voluntad política, sino todo lo contrario eran las causas de una voluntad política de que las cosas sigan así. Ahora con Europa veo exactamente lo mismo, existe una voluntad de cargarse el estado del bienestar. De que el modelo que Europa pretende enseñar al mundo, el de un Europa con una cobertura social, y un respeto a los derechos, desaparezca. De convertir a Europa en una región más de la explotación y la falta de protección y respeto a los derechos humanos. En convertirnos paulatinamente en unos estados unidos, en Rusia, para llegar a ser un china o algo peor. Esta es una guerra para esclavizarnos eternamente mientras un pocos disfruten de las riquezas que generamos. De acuerdo estamos en una dictadura, pero una dictadura que se ha impuesto sin guerra, con la colaboración de una unión Europea cómplice. O bien no salimos de esta entelequia llamada Europa, o bien luchamos para cambiarla. Creo que la población todavía no está en pie de guerra, y que todavía no se ha dado cuenta de que las pequeñas batallas que libra en la calle no sirven para nada. Es hora de reflexionar sobre como hacer frente a esta dictadura, y las pocas armas que tenemos pasan por la verdadera información, la concienciación, y nuestro consumo. Lo único que puede hacer daño a esta dictadura de la que son miembros activos los grandes financieros, gobiernos neoliberales, partidos dependientes de bancos, grandes multinacionales, medios de comunicación masivos, y marcas globales, es que les toquemos el bolsillo.