mércores, 21 de novembro de 2012

O FRACASO DE RAJOY

Cando se cumpre un ano do seu irresistible triunfo electoral na noite do 20-N, os grandes datos macroeconómicos demostran que, en contra do que dixo o presidente, a economía española non só non mellorou senón que foi a peor

01. Paro desbocado

02. Familias cada vez máis pobres

03. Prima de risco á alza

04. Contracción do PIB

05. Déficit público: difícil de controlar

06. Aumento da débeda pública

07. Crece a inflación

08. A fuga de capitais dispárase

09. A morosidade bate récords

10. Desafiuzamentos: 526 dramas diarios

España non se rompe, VÉNDESE, parece ser que a escalada de demolición do estado de benestar, por parte do PePe, ten establecido na súa folla de ruta un segundo episodio, que consiste en vender os activos, tanto públicos, coma privados a prezo de saldo, coma se dun país en demolición se tratase.
Un ano necesitamos, para coñecer, aínda que non ao 100 X 100, o verdadeiro programa do PP, os que candidamente lle outorgaron o seu voto, a estas alturas estaranse a dar cabezadas contra a parede, porque coa súa decisión o pasado 20 N, se converteron en cómplices deste desastre.
Á amnistía fiscal para os defraudadores, seguiulle as prebendas concedidas ao "Rei do Xogo", a isto séguelle o proxecto de conceder permisos de residencia a compradores extra-comunitarios, se adquiren unha vivenda tipo 2ª residencia, sobre todo para rusos e chineses (todos coñecemos de onde sacan a pasta estes tipos), hai que engadir os atropelos que está a cometer a "Excelentísima Caudillesa" Botella, a última a posta en venda, a prezo de "ganga" de varios edificios de vivendas sociais, iso si neste caso llos adxudica ao marido do seu coleguita a "Excelentísima" Cospe.
Ou sexa que imos camiño de converter o noso país nun verdadeiro "Mercado Persa".
Seguro que Marianico o "Impotente" para celebrar esta efemérides, se fumará un bo puro, aínda que sexa cubano, e durmirá unha boa sesta.  

2 comentarios:

Despedidas Vigo dixo...

Opino lo mismo. Rajoy no sabe a donde va.

PABLO

Vigo dixo...

Muy buen blog.

Enhorabuena

Paula