martes, 27 de novembro de 2012

O LIMBO DOS MERCADOS

Os tres motores económicos do mundo non están a funcionar á vez. China está arriba. Europa abaixo. EUA, lento. Os nervios do mercado manteranse a flor de pel.
Os investidores europeos tomaron con entusiasmo os últimos datos de China. O sector manufectureiro mostrou unha expansión durante novembro por primeira vez dende outubro de 2011. O crecemento pode ser débil, pero polo menos é positivo. A produción total e as novas ordes de exportación creceron, o que indica que China está a estabilizarse. A temida aterraxe forzosa segue parecendo menos probable que unha continuación do crecemento a un menor ritmo.
Os datos de EUA tamén son tranquilizadores. Os últimos datos manufectureiros mostraron un repunte. Os indicadores adiantados suxiren que a economía americana mellorará o ano que vén, sempre que EUA evite o chamado precipicio fiscal. Os recentes datos de emprego tamén son alentadores.
Pero os peores datos do sector servizos na eurozona nos últimos 40 meses esborranchan a foto. O que debería preocupar aos investidores é que a debilidade non está circunscrita só á periferia. Alemaña sofre dunha débil demanda dos seus veciños e unha perda de confianza propia: a actividade comercial caeu en 15 dos últimos 16 meses. Mesmo a economía alemá parece preto de contraerse no cuarto trimestre.
O problema profundo é que a crise da periferia non foi superada e os riscos esténdense ao centro. As últimas conversacións sobre Grecia deixaron o país cunha débeda insostible. España, Italia e Portugal están en recesión.
Polo tanto, o panorama da economía global ten mellor aspecto que o de Europa. O efecto arrastre europeo e o precipicio fiscal americano son preocupacións latentes. Se ambos os dous se superan, unha recuperación convincente traería ganancias aos mercados e un aniquilaría os bonos refuxio. Por agora, os mercados seguen atascados no limbo.

Ningún comentario: