domingo, 17 de febreiro de 2013

O XEFE DO ESTADO

O proceso de impunidade auto-outorgado polos políticos para dirixir o estado dentro duns limites pensados por eles esta sendo desastroso. Non pola ruína económica, senón pola falta de rumbo que toma. A min gústame pensar que este Estado estaba asentado nun consello de sabios "O senado" onde se regula a temperatura do proceso de democratización e xustiza da nosa inmadura democracia. Eu confiaba en que o piloto automatico era o senado e que coa discreción dun sistema operativo ofreceria a súa análise ao verdadeiro comandante da nave. O rei. para min un xefe de estado ten sentido e soldo se logra que rode a democracia no seu estado. Pola contra, só é un espelido que se limita a gastar a súa asignación mentres o tutelan os fondos.
Todas as persoas consultadas ata o momento avogan porque o rei non pode exercer esta función de xefe de estado xa que negociou con franco o seu distanciamento e silencio acerca do que os politicos lle impoñan "porque o pobo os elixiu" pero a pega é gorda. Para min, que o paripe dos nomeamentos queda en masturbación publica para a galería e por outra parte se o pobo elixe a Adolf Hitler como presidente o rei lárgase de cruceiro? Tan parvo é ou tan malo?
Eu quero saber se o soldo do rei é por traballar guiando a saúde do estado ou por vivir como un raxá?
Se quere traballo, ten que poñer orde e expulsar de xeito "publica ou privada" a todos os políticos tramposos. Indignos... aqueles que enterran os nosos soldados a tresbolillo ou corrompen ao goberno. Ten que dar a cara e demostrar que vale o que cobra. abonda xa de embaixadores e cortesás. Me averguenza que non chamase o presidente a despacho para charlar sobre a gürtel tras catro anos de destrución de probas.

Ningún comentario: