xoves, 7 de marzo de 2013

A ERÓTICA DO FODER

No meu primeiro post sobre #noespaisparaincorruptibles advertía de que detrás dos innumerables casos de corrupción en España había tamén "unha raíz antropolóxica e machista. O poder atrae máis poder. A avaricia, máis avaricia. O sexo, máis sexo. Queren máis e máis, e máis. Fabricantes de burbullas que si explotan".
Unha raíz machista?, preguntoume unha amiga nada partidaria das diferenzas de xénero. Non hai homes e mulleres. Hai persoas. Así aforramos o masculino plural tan xeralista e xenital.
Machista? Si. Mario Conde é un magnífico exemplo.
O exbanqueiro, candidato populista zorregado por Galicia, tertuliano de lentes imantados subido á noria entre gatos escaldados de viño fervente, quizais esconda un mangado de frustracións. Ou non. A memoria é selectiva. Especialmente se se pasa das máis altas cabanas aos máis baixos pazos. Vaia saber vostede.
Houbo un tempo, finais dos 80 e principios dos 90, en que don Mario cultivaba un desexo: copulaba co planeta Terra. Sentíase dono do mundo. A metía ben dura ata o máis profundo. Gozaba dun orgasmo interminable. Así llelo relataba aos íntimos reunidos en torno a unha boa mesa, nos cafés, as copas e os puros, cando a euforia se apoderaba do seu talento. ¿Como non se lle ía multiplicar o ego ata o infinito ao terse convertido no modelo a seguir por tantos mozos? O gran banqueiro. San Mario del Gran Poder (con permiso de Jesús del Gran Poder, pero esta é outra historia).
Tiña o mundo nas súas mans, ou polo menos así críao. Tan aferrado, que soñaba que se o estaba follando. O poder atrae máis poder. A avaricia, máis avaricia. O sexo, máis sexo. Queren máis e máis. Chamábanlle, chámano, a erótica do poder.
Máis tarde chegou a longa caída de Conde. Confirmouse o refraneiro que sostén que todo o que sobe baixa. Iosu de la Torre

1 comentario:

VOLTAIRE-VIGO dixo...

¿LA JUEZ DE LA OPERACIÓN POKÉMON EN VIGO?

VOLTAIRE-VIGO en LA CORRUPCION QUE NOS INVADE - Hace 2 meses




*LA CORRUPCIÓN QUE NOS INVADE BLOG* ** ** ** *¿LA JUEZ DE LA OPERACIÓN POKÉMON EN VIGO?* ** ** Dimite el presidente de Movexvial tras acusaciones de adjudicaciones masivas - Para defenderse de las acusaciones sobre las obras del Plan E en Vigo - - El alcalde olívico dijo entonces desconocer los detalles de las adjuciaciones - - Aglutina a 14 compañías, 400 empleados y factura unos 50 millones de euros - - El Ayuntamiento de Vigo defiende sus adjudicaciones, 'legales y transparentes' - *EL MUNDO* *Lara Varela | Agencias* | Vigo (Pontevedra ... más »