venres, 8 de marzo de 2013

E QUE ESPECIE PERVIVIRÁ?

Erik S. Reinert, na Globalización da pobreza, explica como os países pobres se especializan en ser pobres a partir de organizar o seu sistemas produtivos en rendementos decrecentes (os que alcanzado un limite a produción, -como na agricultura-, cada vez resultan menos rendible), mentres que os países avanzados baseándose na tecnoloxía e a tecnificación aplican procesos industriais de rendementos crecentes (que como nos software, canto máis mercado cobren máis rendibilízase o primeiro investimento).
Isto é o que conseguiu o sistema produtivo deste país coa deslocalización, (desprazamento produtivo como  Zara ao terceiro mundo), e a preferencia pola especulación no sector da construción contra a creación en sectores técnicos avanzados. É así como nos últimos 20 anos perdemos preto de dous terzos da incipiente industria de rendementos crecentes que iniciaramos.
Esta é a posición que Alemaña/Norte lle destina ao sur. Non só unha posición de debilidade económica forzada polo sistema financeiro, senón o noso encorsetamento en sistemas produtivos que privilexie a súa posición no futuro (con amigos como estes non se necesita inimigos). Pero o máis lamentable é a incapacidade e a inoperancia duns gobernos incapaces de comprender que se ha de facer por devir o seu país e os seus cidadáns. Ancorados, -como este actual-, na súa reaccionaria posición ideolóxica, nin sequera son capaces de entender a perdida de posición particular que temos fronte a estes outros reaccionarios que se consideran, na visión global ideolóxica, privilexiar a súa fronte aos seus veciños.
Ás nosas "aguias", abóndalles, na pobreza intelectual que representa impoñer a ideoloxía como todo fin, con limitarse a ofrecer unha promesa de futuro que nunca se alcanza mentres destrúen o presente: o traballo, con 6.000.000 de parados; a industria, coa deslocalización que leva a capacidade produtiva fóra das nosas fronteiras sen que se estableza limite algún; o coñecemento alcanzado, ao botar o que hai nos nosos mozos licenciados nos brazos dos cales nos destinan ao sector terciario; deteriorar os niveis de prestación social conseguidos recortando só no gasto mentres permiten a fuga de capitais e a fraude fiscal; facilitar o empobrecemento mediante unha depreciación interna, a través dos salarios, desproporcionada que só facilita a mellora dos beneficios empresariais.
Esta é a realidade que contrasta contra o menos prezo que polo social había, entre liñas, na posición do presidente dos empresarios, o pasado domingo en Salvados, como cristalización dunha ideoloxía que se basada no lucro.

1 comentario:

VOLTAIRE-VIGO dixo...

NO TODO ES CORRUPCIÓN ¡¡REVOLUCIÓN!!

VOLTAIRE-VIGO en LA CORRUPCION QUE NOS INVADE - Hace 2 días




*VOLTAIRE-VIGO* *LA CORRUPCIÓN QUE NOS INVADE* ** ** *Jueves, 7 de Marzo de 2013 * *NO TODO ES CORRUPCIÓN* *¡¡REVOLUCIÓN!!* ** ** ** * *** *http://youtu.be/rKtDjPHRyD8 LA COSTA DEL SILENCIO http://youtu.be/FlbAt-XesJECanto a la libertad* http://youtu.be/RXgG9izhvAk *AL ALBA* http://youtu.be/CLfNXdycg9c *PALABRAS DE AMOR* http://youtu.be/DSyXQA4QiTw paco Ibáñez a la gente no gusta que * * http://youtu.be/BI7HLSjx3Lw AL VEN * *http://youtu.be/BROSScC4Z2c LA ESTACA tra suerte mudar de tir *http://youtu.be... más »