luns, 11 de marzo de 2013

DEMOCRACIA, POR FAVOR

É vox populi que os partidos políticos están desconectados dos cidadáns, e que é os grandes protagonistas da deterioración das institucións, parlamentos, universidades, Poder Xudicial... No deixando de ser contraditorio, e grave, que os seus dirixentes aludan reiteradamente ás excelencias da democracia e sexan eles, precisamente, os que menos predican co exemplo nos seus propios partidos, en contra do mandato constitucional conforme ao cal "a súa estrutura interna e funcionamento deberán ser democráticos". Así as cousas, vimos comprobando con inquietude unha fractura do principio da separación de poderes, a ausencia de debate en Congreso e Senado entre as forzas políticas, que todo foi xa, previamente decidido no seo de cada partido, que entre eles fan a repartición segundo as súas cotas de poder, como o nomeamento dos altos cargos do Poder Xudicial etc.
Que un partido estea en mans duns poucos, que permanecen na dirección sine die, sen saber como nin por que, nin cales son os méritos contraídos, é incompatible coa natural e democrática renovación de ideas e persoas. Lamentablemente, esa é a deriva pola que navegan todos os nosos partidos, onde internamente non se admite crítica ningunha, e se algún librepensador ten a ousadía de discrepar co discurso da dirección, arríscase a ser marxinado ou, peor, a ser acusado de deslealdade, e expulsado.
A loita pola democracia non se pode reconducir, paradoxalmente, ao contrario do no seu día pretendido, a outra ditadura, agora a dos aparatos dos partidos, dos popes e submisos asalariados. Para evitar esa indesexable e antidemocrática perpetuación do político, abocada á corrupción, sería ideal normativizar a prohibición de que ningún cargo directivo puidese durar máis de dous períodos, de catro anos cada un; e é que, en definitiva, de non se producir ese cambio material, a cidadanía se afastará cada vez máis dos políticos, da política.

Ningún comentario: