domingo, 10 de marzo de 2013

PROGRAMA ELECTORAL

Cando un Presidente de Goberno declara a todos os españois que non lle gusta facer o que fai, que se ve obrigado a machucar a clases medias e baixas pola herdanza recibida dun deficit alto ocultado por PSOE, mente.

En 2010 ZP argumentou que recortar soldos de funcionarios e conxelar pensións non estaba no seu programa, pero que se vía "obrigado" a iso por culpa da crise. O seu argumento era falso, a súa covardía ante os ricos e a súa contradición ideolóxica pasoulle unha factura que está a pagar o PSOE aínda co moderado Rubalcaba. Rajoy continúa co mesmo argumento falso para facer recortes a clases medias e baixas en vez de ás clases altas simplemente porque obedece á súa ideoloxía conservadora e así veo "xusto" pero mente cando di que é a única opción. Ambos os dous poderían telo evitado, gravando impostos a grandes fortunas e entidades financeiras como taxa tobin e ás Sicav, impostos patrimonios obrigatorios e de sucesións, crear máis tramos de IRPF para rendas de capital, pero elixiron non o facer. Polo tanto, é absolutamente falso o da única opción posible e inevitable. GESTHA fixo en maio unha proposta real e concreta sen recortes a clases medias e baixas para aforrar 63 mil millóns.
O PSOE non ocultou nada que eles non soubesen. O " E ti máis" persiste por culpa deste sistema electoral bipartidista que se enconado en odio visceral, e que prexudica ao debate real de argumentos e ideas e á resolución dos problemas dos españois. Polo tanto, insistamos nun cambio de lei electoral que rompa definitivamente con vicios do bipartidismo insán.

Ningún comentario: