xoves, 14 de marzo de 2013

"DEMOCRACIA"

Encontrámonos nun momento de desencanto democrático precisamente na zona en que se inventou o sistema, mais que votar parece que 'anti-votamos' ou que votamos en contra nosa sabéndoo. Esa situación estraña debe ter algún motivo, algunha explicación para esta especie de loucura política colectiva e só ocórreseme unha raíz: non temos claro o que en realidade queremos dicir cando dicimos "Democracia", ou mellor dito, intereses individuais sobrepuxéronnos unha idea de "Democracia" acorde aos seus desexos e o seu egoísmo cego.
Se nos preguntan que entendemos por democracia moitas das respostas pareceríanse a dicir que o goberno elixido por todos para que nos goberne a todos e de maneira que coide o interese xeral. Non obstante o que chamamos neoliberalismo colleu o volante da democracia e fixemos 'a volta o taxista' ou sexa un xiro de 180º graos acelerando e indo na dirección contraria 'a todo trapo'. Convencéronnos que o interese primordial da democracia é manter co esforzo de todos os intereses dunha pequena parte privilexiada donos de bancos e megaempresas facéndonos crer que esa é a columna vertebral da sociedade, que se deixamos afundir a estes imperios nos afundiremos con eles e para conseguir mantelos temos que prescindir de todo o que deu un pouco de calidade á vida ou nos permite simplemente sobrevivir. A isto é ao que estamos a dedicar o que chamamos "Democracia" resultando ser o contrario do que se pretendía que fose ao inventala e agora somos unha procesión que imos con velas e descalzos a penar para pedir perdón polos pecados dos que malgastan o arrebatado.
Se esta "Democracia" non é de calidade é porque os 'demócratas' non o somos, non quero pensar que por masoquismo senón por que souberon 'levarnos ao horto' con moita arte. Un momentiño facendo o parvo non vén mal para un fin de ano e pensar que nos divertimos, pero facer o parvo todo o ano descompón o corpo. DOREMA

Ningún comentario: