sábado, 13 de abril de 2013

O VERDADEIRO ROSTRO DOS NOSOS INTERLOCUTORES

Grazas á crise que padecemos e sufrimos a maioría, puidemos ir descubrindo o verdadeiro rostro dos nosos interlocutores.
Sexan persoas físicas, institucións, organismos, partidos, empresas, ou de calquera índole.
Con bastantes vítimas sufridoras polo camiño, todas con nomes e apelidos, con cara e ollos.
Atrapadas por inxustizas rampantes, e enganos legais, malversacións, e desafiuzamentos múltiples.
A cidadanía imos aprendendo a distinguir o xusto do inxusto.
A pel de cordeiro falsa que esconde o lobo, e que nos queren vender unha lambetada entrampada a cambio do noso sangue.
Da pel verdadeira do traballo ben feito, o sacrificio, e a corrección institucional.
Doutorámonos de golpe en paraísos fiscais, tapadeiras, homes de palla, evasión de capitais, abusos públicos, malos políticos, malversación, aleivosías e nocturnidades.
E todo pagámolo e estámolo a pagar a prezo de ouro, e a custa da nosa mesma vida.
Como nas solicitudes de emprego, a partir de agora cando nos pidan o voto os postulantes dos partidos políticos, que nos ensinen o currículo, e logo que asinen un contrato.
Que non nos falen máis de grandilocuencias, nin de bandeiras, nin de patrias, nin de promesas, nin de futuros no paraíso.
Que nos digan como mellorar o presente dos nosos fillos e o noso propio.
Como se poden ter fillos sen caer no desespero dos recortes e de poder chegar a fin de mes.
Que poñan a solución e a asinen.
Abonda de ter que ver con vergoña, como se levan o diñeiro ao paraíso fiscal, mentres a nós nos apertan e nos asfixían sen límite.
Sen que ninguén faga un xesto dende o poder democrático.
Boa xestión e non palabras e palabras.
Sen ningún control que sancione duramente o engano á xente que paga.
Sen desperdicio as noticias, cada día que pasa e nos decatamos pola prensa.
Que se non ninguén dicía nin pio sentados tan campantes no banco tirando flores.
De pena.

Ningún comentario: