venres, 3 de maio de 2013

O PEOR DE RAJOY

A realidade é que Rajoy non é un líder carismático dos que tanto gustan na dereita e na esquerda. É un non lider, un apoucado, o contrario aos líderes fortes que se moven polo mundo: Obama, Merkel, Putin.
Afortunadamente tampouco é un "líder" ao estilo Aznar. É impensable que Rajoy se meta en aventuras persoais como a que lle levaron as Azores, a Iraq (e antes a meter os narices en Venezuela, nos tempos en que a dereita españois se permitía dar leccións" de todo tipo en iberoamérica.
Tampouco é probable que vexamos a Rajoy dándolle leccións ao mundo mundial de progresismo, de pactos co os lobbys e moito menos presumindo por aí fose de sector financeiro e de que imos pasar a tal ou a cual país. Simplemente impensable.
Rajoy é un magnífico segundo de abordo pero nin ten o carisma nin ningunha outra condición para ser o número 1. Non é o líder desapiadado que actúa sen miramentos. É lento, aínda que non preguiceiro, e deixa que o tempo faga o seu papel. O seu problema é que agora o tempo xoga contra el e contra o país.
Que O Mundo, e a dereita do seu partido se volvan contra el, é o esperado. Non hai esquecer que nada máis chegar á moncloa o que fixo foi baleirarlle os petos aos seus votantes (igual que fixese ZP cos seus votantes en agosto de 2010). Tíñanlla gardada e agora pásanlle a factura.
Dicía o outro día Felipe González que a este goberno lle falta relato. E vaia se lle falta. Ademais fáltalle a persoa axeitada con carisma e credibilidade capaz de contalo e de convencer a xente de que hai luz ao final do túnel.
Estando Pedro J. á fronte da manda, o futuro de Rajoy é cada vez máis escuro. A alternativa que a esquerda non é capaz de poñer de pé, estanlla a montar á súa dereita. Á esquerda empézanllas a poñer como a Felipe II pero parece que nin así son capaces de ser alternativa. Tempos de naufraxio e penuria.

Ningún comentario: