luns, 30 de xullo de 2007
domingo, 29 de xullo de 2007
sábado, 28 de xullo de 2007
ESCRITO AO PRESIDENTE DA XUNTA
ENTRADA REXISTRO DA XUNTA EN VIGO
D. EMILIO PÉREZ TOURIÑO
.
As decisións ilegais -confirmadas por sentenzas xudiciais- e o incumprimento do deber de manter a disciplina urbanística e ambiental dos anteriores alcaldes de Vigo prexudicaron gravemente ao concello. Eles abriron a porta para que individuos e empresas nos roubasen parte da nosa personalidade e as nosas señas de identidade. Coa súa permisividade e irresponsabilidade, a contaminación ameázanos e os espazos naturais redúcense e enferman. Este é un asunto que ten importantes, e entrelazadas, consideracións éticas, legais, políticas e ambientais.
É desexable que Vigo estea gobernado por persoas competentes e honestas, e que a súa acción política sexa escrupulosa no respecto á lei, á natureza e aos cidadáns -o contrario sería antidemocrático e preconstitucional-, e, no que ao urbanismo se refire, sexan exemplo do seu predicamento os seus logros na loita contra a especulación e a corrupción. Os cidadáns conscientes e críticos sentimos moita vergoña allea nos últimos anos do goberno municipal de facto do PP e BNG.
Agora, tras as eleccions, os colectivos veciñais, que dende hai anos veñen loitando para que o PXOM de Vigo estea libre de intereses espurios, limpo de erros e equivocacións interesadas, escrito coa letra da lei e respectuoso co medio ambiente, teñen a confianza de que o Partido Socialista defenda dende o goberno un PXOM sostible para Vigo. O partido que vostede representa estaba máis sensibilizado coas barbaridades dun documento urbanístico (PXOM), que ninguén parece saber quen o promoveu. Moitos cidadáns votaron ao seu partido en Vigo, nas pasadas eleccións, hoxe encabezado polo Sr. Caballero como mandatario municipal. Esperamos que a nova andaina do novo alcalde polo camiño municipal sexa reveladora, que as nosas peticións e desexos non caian en saco roto, e que será capaz de transmitirlle ao concelleiro Sr. Domínguez Olveira (BNG) a idea de Vigo que temos, xa que o goberno do PP e o BNG non querían escoitar.
Sr. Presidente, o PXOM de Vigo é impopular; a súa tramitación está chea de numerosas manifestacións de rechazo polos cidadáns. O seu mero recordo produce desagrado; pero, tamén, esperanza. Esperanza no povo, no Partido Socialista e nos Gobernos.
Vostede recordará que o PXOM de Vigo aprobouse de xeito provisional o 30 de decembro do 2004, non acorde e as costas dos veciños e veciñas, de forma non democrática, e cunha forte oposición tamén do Partido Socialista.
Antes, a Coordinadora pola supresión da Rolda de Vigo presentaba no auditorio do concello o ditame “sostenibilidade do plan xeral de ordenación municipal e da rolda de Vigo”. As súas conclusións eran que polas gravísimas ilegalidades e deficiencias técnicas do Plan Xeral, había que elaborar un novo.
Aberto o prazo para as alegacións, de todos é sabido o elevadísimo número delas que foron presentadas: máis de 61.000, asinadas por máis de 81.000 cidadáns, colectivos e asociacións de afectados. Ao Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego non lles importou en absoluto o que dixo a cidadanía, os dous partidos políticos actuaban por riba da legalidade. As poucas contestacións que houbo ás alegacións deixan moito que desexar, xa que practicamente non se contestaron e, as que fixeron, na maioría, non foron razoadas.
O 13 de abril do 2005 faise a primeira manifestación contra o Plan Xeral que convoca a 10.000 cidadáns aproximadamente. O día 2 de xuño, dese ano, convócase a segunda manifestación que reuníu a 6.000 - 8.000 cidadáns; o 19 de xaneiro do ano 2006 faise a terceira manifestación. En todas elas, os cidadáns mostraban a súa disconformidade coas ilegalidades e inxustizas do PXOM, porque presenta un modelo económico insostible, incumpre a lexislación vixente sobre o territorio e protección ambiental, é especulativo, ten incorreccións na clasificación do solo e non cumpre cos compromisos da carta de AALBORG sobre desenvolvemento sostible.
No mesmo ano 2005, no mes de setembro, entregáronse polo rexistro xeral do Concello de Vigo, 21.065 sinaturas solicitando o seu sometemento a un referendo popular para decidir por medio do mesmo, se os cidadáns de Vigo queren o PXOM ou non. O PP dende o goberno, e o BNG coa súa abstención, encargáronse de negar un dereito e de non levar adiante a petición legal para dito referendo.
O Partido Popular e o Bloque Nacionalista, pretendían aproba-lo Plan Xeral no mes de xullo do 2005, pero o fracaso do PP nas eleccións autonómicas, deu lugar a pospoñer o mesmo para o mes de setembro, despois outubro, logo novembro, decembro... O que demostra que, o PXOM, está mal xestado, é un modelo insostible, destrúe o medio ambiente, ten graves deficiencias técnicas, é socialmente inxusto, non cumpre coa lei 9/2006 sobre Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), e carece de toda lexitimidade democrática. Non prevé infraestructuras que promovan a mobilidade sostible (tren, metro lixeiro, transporte marítimo etc.), non prevé conexións ferroviarias con Bouzas nin ao porto seco de Salvaterra, nin contempla tampouco a saída sur do futuro AVE.
O 13 de xaneiro deste ano, entregouse, por rexistro xeral da Xunta de Galicia en Vigo, un MANIFESTO CIDADÁN SOBRE O PXOM DE VIGO, dirixido ao Sr. Presidente dá Xunta de Galicia, documento asinado por 22.049 cidadáns, solicitando a denegación do PXOM do Concello de Vigo, no que se explican todas as razóns xurídicas e técnicas, para non admitir este planeamento, e pedirlle a elaboración dun novo, partindo de cero. A esta entrega sumouse tamén, copias das 21.065 sinaturas que pediran o referendo no seu día ao Concello de Vigo.
A Consellería de Política Territorial pronunciouse o 19 de xaneiro do 2007, devolvendo o PXOM de Vigo, xa que se observaron graves deficiencias legais de toda índole e revela que, o mesmo, constitúe unha grande ameaza para Vigo. Xa o goberno do PP da Xunta no ano 2004, advertía de xeito firme ducias de ilegalidades. Isto dá idea de que este Plan Xeral non está elaborado para conseguir o ben público que la lei protexe, sino para beneficio dos promotores e a especulación do solo. Consideramos que a Xunta de Galicia, con todas as deficiencias relacionadas no escrito mencionado, non tivo a vontade política de terminar co o tan discutido PXOM, obrigando ao Concello a face-lo de novo. Feito que, ademais de protexer os dereitos dos cidadáns e dar seguridade xurídica ás operacións urbanísticas que se vaian a realizar no futuro, permitiría non seguir perdendo o tempo cun documento cheo de taras, e comezar a elaboración dun novo partindo de cero, cumprindo as actuais leis e as que se aprobarán proximamente relacionadas co urbanismo e o medio ambiente.
A Xunta de Galicia tampouco optou por construír sobre bases sólidas ao non esixir nese momento un estudo e un plan integral sobre saneamento e depuración de augas residuais da cidade de Vigo, que formase parte do PXOM (pasaron 7 anos desde o inicio da tramitación do Plan); tendo en conta que existía un acordo plenario entre os catro grupos municipais para non facer a nova depuradora no mesmo sitio, e dicir, na Xunqueira do Río Lagares.
O Presidente da Xunta de Galicia, –pensamos que- por coherencia coas leis que promove na defensa do litoral e da protección da paisaxe, así como as accións na defensa da legalidade urbanística, e consecuentemente coas declaracións efectuadas sobre a política urbanística seguida por algúns gobernos municipais galegos e particularmente ao Concello de Vigo; ten que apostar pola creatividade, a calidade e a valentía para sacar ao urbanismo do circuíto vicioso no que se encontra, e defender para Galicia e Vigo un proxecto claro de urbanismo, ordenación do territorio e de país que respecte o medio ambiente e transcenda o mero interese especulativo de este Plan Xeral.
Estas circunstancias nos levan a consideración de que o Plan Xeral debe partir novamente dende ou inicio de sua andaina, afín de evitar, entre outras cuestións, as indesexables consecuencias que no campo da litigiosidad se han producido nos últimos anos a costa do vixente instrumento de planeamento. En calquera caso, y sen prexuízo do exposto no artigo 79 da lei 30/1992, na Disposición Cuarta: calquera cidadá, pode esixir , en todo momento, ante os órganos administrativos o cumprimento da lexislación e planeamento urbanístico. Por elo, poñemos en coñecemento das Administracións Públicas implicadas, as indicacións expresadas no presente escrito ao obxecto da sua valoración, e
SOLICITAMOS:
Que promova a redacción dun NOVO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO que incorpore o proceso da AXENDA 21 LOCAL; un estudo de sostenibilidade ambiental serio e non tendencioso; un estudo de mobilidade actualizado e sostible; un estudo económico financeiro que garanta a súa viabilidade; un estudo demográfico contrastado e real; unha cartografía recente; un estudo das necesidades de abastecemento e saneamento da auga de Vigo e da súa área. Que o novo PXOM cumpra a lei 9/2006, de 28 de Abril, que obriga aos plans a someterse a unha avaliación ambiental estratéxica (AAE) antes da súa aprobación, como así tamén o require a Unión Europea. E para rematar, e poder dicir con propiedade e total seguridade que é un plan legal e sostible; que cumpra tamén coa nova Lei 8/2007 do solo estatal; a nova lei de protección do litoral, e a futura normativa da Xunta de Galicia sobre ordenación do territorio, medio ambiente e desenvolvemento sostible, así como o Plan Sectorial de Vigo.
Vigo, 24 de Xullo de 2007
venres, 27 de xullo de 2007
SEGUE O URBANISMO SALVAXE
xoves, 26 de xullo de 2007
CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
mércores, 25 de xullo de 2007
martes, 24 de xullo de 2007
O PXOM E LIÑEIRIÑOS
luns, 23 de xullo de 2007
CARGOS POLÍTICOS NA XUNTA
domingo, 22 de xullo de 2007
SOLDOS NO CONCELLO DE VIGO
sábado, 21 de xullo de 2007
A MELLOR EMPRESA DO MUNDO
venres, 20 de xullo de 2007
O PXOM DE VIGO
xoves, 19 de xullo de 2007
mércores, 18 de xullo de 2007
A BICOCA DO GOBERNO DE VIGO
martes, 17 de xullo de 2007
NON VAI FUNCIONAR O PACTO
Rozamentos frecuentes
O enfrontamento polo despacho é un máis dos choques que se produciron nas últimas semanas. Ningún foi relevante e as cuestións de importancia (repartición de áreas ou xerente de Urbanismo) fóronse pactando. No entanto, o Bloque tivo que botar un pulso ao PSOE para conseguir as competencias que reclamaba para Cascos Históricos e forzou a a delegar en Xesús López, concelleiro de Cultura, a representación no Museo do Mar. Aínda onte, retirouse da xunta de goberno a composición da Mesa de Contratación por non coñecer o expediente os nacionalistas.
O BIPARTITO DUPLICA O SOLDO
.
.
.
luns, 16 de xullo de 2007
OBSCENIDADE INMOBILIARIA
domingo, 15 de xullo de 2007
O MODELO DE CIDADE
OS MANDAMENTOS DO URBANÍSMO
.
sábado, 14 de xullo de 2007
OS TRIBUNAIS E O URBANISMO
venres, 13 de xullo de 2007
A CARMELA SILVA-CONCELLEIRA
xoves, 12 de xullo de 2007
A DEPURADORA DE OURENSE
mércores, 11 de xullo de 2007
A CORRUPCIÓN
.
PREVENCIÓN
Se contemplan medidas de amplio alcance dirigidas a los sectores tanto público como privado, incluidas políticas de prevención modelo, como el establecimiento de órganos de lucha contra la corrupción y el aumento de la transparencia en la financiación de elecciones, los derechos de los ciudadanos y la participación de la sociedad civil en la tarea de acrecentar la conciencia pública de la corrupción y de lo que se puede hacer al respecto.
PENALIZACIÓN
La Convención exige que los países tipifiquen como delitos una amplia diversidad de actos, entre otros el soborno, la malversación de fondos públicos, el blanqueo de capitales y la obstrucción de la justicia. Recomienda asimismo que se tipifiquen como delitos otros actos como el tráfico de influencias. La Convención promueve la cooperación entre los organismos encargados de hacer cumplir la ley, la protección de los testigos y la eliminación del secreto bancario por ser una barrera para el enjuiciamiento.
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
Los delincuentes ya no pueden huir de sus países y vivir sin temor de ser enjuiciados.
La Convención prevé la asistencia judicial recíproca en la reunión y remisión de pruebas para su utilización en los tribunales con miras a extraditar a los delincuentes.
Se pide también a los países que ayuden en la localización y el embargo preventivo la incautación del producto de la corrupción.
RECUPERACIÓN DE ACTIVOS
Un avance importantísimo ha sido el hecho de que las naciones convinieran en que la recuperación de activos es “un principio fundamental de la Convención”. La localización y recuperación de activos robados plantea un importante reto. Se trata de una cuestión que reviste particular importancia para muchos países en desarrollo, donde la corrupción a alto nivel ha mermado los recursos públicos que tanto precisan.
MECANISMOS DE APLICACIÓN
Se ha establecido una Conferencia de los Estados Partes para vigilar la aplicación de la Convención.
CON LA CORRUPCIÓN TODOS PAGAN
Nadie necesita de una conferencia sobre los males de la corrupción. Las sociedades donde reina la corrupción sufren innumerables formas de miseria. La suposición de que el mercado “libre” y la no intervención son los únicos remedios contra la corrupción es simplemente errónea. Cada país genera su propio tipo de corrupción y no hay sistema exento de ella.
La Oficina de las Naciones Unidas contra la Droga y el Delito (ONUDD) cree que es posible hacer algo. Los gobiernos, el sector privado, las ONG, los medios de comunicación, las organizaciones religiosas y, ante todo, los ciudadanos, tienen todos un importante papel que jugar.
ACCIÓN
¿Qué medidas se pueden tomar para luchar contra la corrupción?
EL mundo dispone de una plataforma única e integral para combatir la corrupción:
la CONVENCIÓN DE LAS NACIONES UNIDAS CONTRA LA CORRUPCIÓN. Aunque la Convención ha estado en vigor sólo desde diciembre de 2005, como primer instrumento internacional jurídicamente vinculante contra la corrupción, ofrece una oportunidad única para dar una respuesta mundial a un problema mundial.
¿Por qué es importante la Convención?
Porque ahora todas las actividades nacionales, regionales y multinacionales de lucha contra la corrupción cuentan con un único “eje central”, negociado por más de 140 países. Unidos, somos más fuertes. Con todo, la Convención no pasará de ser un trozo de papel lleno de buenas intenciones si no se lleva a la práctica.
La ONUDD, como custodio de la Convención contra la Corrupción, asigna alta prioridad a la prestación de asistencia a los Estados para que apliquen las medidas de la Convención y a la tarea de velar por que haya un examen efectivo de su aplicación.
martes, 10 de xullo de 2007
ALTERNATIVAS PARA EVITAR A CORRUPCIÓN
luns, 9 de xullo de 2007
NON AO FEISMO
domingo, 8 de xullo de 2007
QUE FACER CO URBANISMO
Unha das ameazas máis graves coas que o medio ambiente deste país atópase na actualidade é o urbanismo salvaxe e especulativo que nel se está desenvolvendo. Os políticos de todo signo metéronnos nun vorágine tal, que como non sexamos capaces de paralo, os problemas ambientais que actualmente temos multiplicaranse, afectando non tan só ao medio natural senón a nós mesmos.
-Retirar aos Concellos as competencias sobre urbanismo.
Os poderes locais de calquera signo convertéronse nos maiores destrutores do territorio, co obxecto de financiarse, entrando nunha espiral que non poden deter: diñeiro-urbanizar-diñeiro. Se seguen con esa dinámica, como ocorre en moitos municipios, deica pouco non haberá recursos naturais que resistan esa presión demográfica, o que afectará non só ao seu territorio senón ao conxunto do país. Incapaces polo tanto de desenvolver políticas sostibles e dado que as súas actuacións afectan ao conxunto dos cidadáns, propomos polo ben de todos que lles sexan retiradas as competencias de urbanismo e xestión do territorio.Pensar noutro tipo de financiamento dos Concellos debería ser unha das súas responsabilidades, non nosa. Que nós pidamos outro tipo de financiamento ás corporacións locais viríalles moi ben, xa que se acollerían a esta reivindicación para presionar máis ao Goberno, o que non nos asegura que estean dispostos a modificar a actual forma de financiarse. Cremos que o máis correcto sería que esixísemos que as competencias de urbanismo fósenlles retiradas. Con esta medida non tragarían, seriamos os seus peores inimigos, xente á que odiar, pero á vez suporía unha espada de Damocles, que aínda que fose incerta, mediática mente faríalles pensar un pouco ou polo menos andarían con pés de plomo por se esta reivindicación tivese algún efecto real. Por outra banda, estamos pondo en cuestión a súa xestión, estamos dicindo que hai algo nos órganos de goberno local que non funciona. Nunha palabra, estamos pondo en dúbida unha xestión que democraticamente ten moitas lagoas.
-Responsabilidade do Poder Xudicial nos delitos urbanísticos.
A ausencia de sentenzas acordes coa lei, a pesar dos escandalosos delitos urbanísticos que veñen cometendo construtores, funcionarios públicos, concelleiros e alcaldes, fai supor que hai unha conivencia entre o poder xudicial, o político e o negocio urbanístico. Ningún alcalde foi condenado por este tipo de delito, con todo existen xuíces que están acosando e perseguindo aos que denuncian tal corrupción, como é o movemento ecoloxista e veciñal.
Tras as últimas eleccións autonómicas vimos como nalgunhas zonas significativas as competencias de Medio Ambiente e Urbanismo foron asumidas nunha única Consellería. Resulta inconcibible que desta forma póidanse garantir os dereitos ambientais da poboación, sobre todo cando desde as administracións rexionais a política urbanística é a que maior peso ten. Desta forma a competencia dos departamentos de Medio Ambiente para parar ou modificar os Estudos de Impacto Ambiental dos PXOU queda reducida a cero. Nas actuais circunstancias Medio Ambiente non existe, está supeditado a Urbanismo. Así, un dos dereitos máis elementais que se debe ter nunha democracia moderna, como o dereito a gozar dun medio ambiente san, está cercenado.