A Mariano Rajoy non lle gusta o que fai. Aos ministros "marianistas" tampouco lles gusta o que teñen que facer e a nós, os cidadáns, non nos gusta o que fan. Só aos alemáns da señora Merkel gústalle o que fai -connosco- Mariano.
Creo, pois, que Mariano ten que cambiar de "choio" e/ou irse a traballar a Alemaña. Pero o peor de todo isto (o que sufrimos, o que imos penar) é que os certificados de "boa conduta" os orzamentos, as contas ¡o noso futuro! necesiten, primeiro, o visto e prace do partido imperante en Alemaña, despois o "si" de Europa e, finalmente, un "aguantádevos" para nós os españois...
Sabido é que a política da dereita-dereita baséase no recorte dos dereitos e o aumento (para os seus claro) dos beneficios. E que as perdas se socializan e os beneficios ben privatizados están entre a clase dominante...
Por iso cabrea, que non asombra, que a inspectora de Facenda e exconselleira de Facenda, metida agora no equipo neocom de Montoro, recrimínenos cun "a cultura do todo gratis, acabouse...?, sen entender dona Marta Fernández Currás que aquí nada é gratis. Teno que saber a responsable de Facenda (inspectora, nada menos, coño) que o 73% dos ingresos por impostos proceden da clase traballadora mentres, o grupo ao que van a amnistiar ¡maldita sexa! representa pouco máis do 12% e as grandes fortunas -cos seus amaños de enxeñería financeira- non chegan ao 15%...
Ten que saber dona Marta, un das fichaxes da política marianista, que a diferenza entre o que custaba a universidade onde estudou (e moito, contan) e o que pagaban os seus papas o "puxemos" o resto dos cidadáns a través dos impostos. E os que non teñen coche pagan aínda así unha cota das autoestradas que se inchan a gañar diñeiro (aí está a empresa da A-9) e redondean beneficios despedindo xente...
Así que nin a don Mariano, nin a dona Marta, nin ao señor De Guindos gústalles o que fan, manda carallo...pois fíxese nos demais, que non nos gusta a reforma laboral que xa creou outros 200.000 parados nin a financeira que anuncia -cando "se reajunten" todos os bancos e caixas- outros cento trinta mil despedimentos...
Se non lles gusta o que fan, por favor, cambien de cholllo...
Se lle gusta só a Merkel ¡márchense a Alemaña!