A hipocrisía da señora De Cospedad non ten límites ao dicir que eles son agora o novo partido dos traballadores e dos pensionistas. ¿De verdade crerase a señora De Cospedad que os traballadores son tan inxenuos a estas alturas da historia para crerse que os defensores do capitalismo empresarial que os explotaron durante séculos van ser agora os defensores dos explotados e dos xubilados?
¿Quen defenderá agora as políticas neoliberais do capitalismo salvaxe, do que o señor Aznar é un fervente defensor, como o demostrou liberando o prezo das vivendas para que se enriquecesen os especuladores inmobiliarios, á conta de que centos de miles de españois estivesen hipotecados para a metade das súas vidas e, o máis grave aínda, cuxas consecuencias en parte son as culpables da crise que os españois estamos sufrindo? ¿Cando se preocuparon os conservadores no noso país por subirlles o soldo aos traballadores e as pensións aos xubilados? Nin o fixeron cando gobernaron en democracia nin tampouco cando colaboraron coa ditadura franquista.

J.G.M.