Cando parecía que o pleno do Congreso, en metade da canícula de agosto, ía ser de trámite, Zapatero disparou con lume real contra o estado do benestar. A reforma constitucional, que fixará de forma inamovible na Carta magna o tope de déficit, se se cumpre, obrigará ás administracións a severos recortes das prestacións sociais.
Rajoy apoiou, nun xesto sen precedentes, esta reforma a bulir porque é un traballo sucio que lle quitan do medio e que lle custou máis dun enfrontamento cos presidentes autonómicos do seu partido, obrigados a partir de agora a apertarse o cinto de verdade.
Ante a peor crise económica que se recorda, e con catro millóns de parados, Rajoy negouse de forma sistemática, e cun obxectivo claramente electoral, a apoiar ningunha medida que supuxese un alivio fronte ao acoso dos mercados. Sorprendentemente, a un mes da convocatoria electoral, acepta consensuar nada menos que unha reforma constitucional esixida por Bruxelas e que, de momento, só existe na constitución alemá.
O obxectivo de déficit cero foi incumprido por todos os estados da UE. A partir de agora, cando se aprobe esta reforma exprés, España vai estar na cabeza de cola en canto a severidade normativa contra o déficit.
A penosa diferenza é que este país non é Alemaña. Aquí hai catro millóns de traballadores que perderon o seu emprego, ao redor dun millón de familias con todos os seus membros no paro. Miles e miles que se quedaron sen a súa vivenda por falta de pagamento da hipoteca. ¿Quen lles vai a axudar? Porque a crise vai para longo. Diga o que diga Rajoy de que vai arranxar España nun plís plas. Sen crecemento económico sostido non se crean postos de traballo e ese é o verdadeiro drama.
A cara de estupor dos deputados socialistas reflectiu ben ás claras que Zapatero pactará a medida previamente con Rajoy, pero que aos seus pilloulles por sorpresa.
O mesmo desconcerto manifestaron os representantes dos grupos minoritarios que reclamaron cambios constitucionais diversos nestes catro anos de lexislatura como quen clama no deserto.
Non hai certeza de que esta medida vaia frear en seco a desconfianza dos investidores internacionais sobre a débeda española pero, de cumprirse e debe facerse como con toda norma que fixe a Constitución, os duros recortes que se aveciñan serán aínda mais dolorosos.V.L.