Na "tele" era famosa a familia Telerín que anunciaba a hora en que os nenos debían deitarse e descansar. A familia do título é famosa polo esperta que está.
Aos poucos perfílase o plan para despois do 20-N e concrétanse as medidas de Rajoy para multiplicar o emprego.
Un exemplo anuncian desde Estremadura, onde os persoais de altos cargos refórzanse cun cuñado do presidente, a parella do conselleiro de Agricultura; para o posto de condutor o presidente da asemblea chama ao seu curmán; o secretario xeral do Servizo de Saúde designa á súa muller como directora da Xestión Económica mentres -e en reciprocidade- a esposa do director xeral de Orzamentos é a nova xefa de servizo de Xestión Económica de Facenda...
Ese é o plan Mariano para despois do 20-N... e a está en marcha en moitas das comunidades que agora detenta o PP... e se cada vez son máis, baixará máis o paro pois a familia que traballa unida xamais será despedida.
¿Suprimir deputacións? ¿Reducir o número de parlamentarios?
¡Pero que di, home! Cada parlamentario ou cada deputado provincial pode meter en nómina a dous, tres persoas ás que ademais non se lles pide outro título que ser da familia... a propia, por suposto, e a política, tamén.
Así, a bote pronto, se o PP preside todos os concellos, as deputacións, as comunidades autónomas, o Goberno central, o Consello Xeral do Poder Xudicial, as televisións públicas, o Consello de Contas, etcétera pode colocar á metade dos parados...
Aquí, no Far-West do Estado español tamén se coida á familia: "A Xunta prima aos colexios concertados na repartición de computadores".
E é que ¿non coñecen a ese político do PP que declarou votar PSOE no 82 e di que leva a cabo unha política social-demócrata en 2011?
Eu tamén o coñezo.
A pregunta é: ¿que fai vostede, entón, no PP?
A resposta deuna outro ilustre do Partido Popular, moi xefe en Valencia, agora nun retiro dourado pola súa condición de "ex", que dixo aquilo de... "estou na política para forrarme". E con todas estas pistas non fará falta porlle nome á mellor familia política que, unida, parece que ser invencible