Un 8% das persoas que axudaron na limpeza da vertedura derramada polo buque Prestige en 2002 sofren síntomas similares á bronquite crónica e alteracións cromosómicas, parecidas ás producidas polos traballos relacionados con sustancias tóxicas.
Son as conclusións do último estudo realizado sobre as consecuencias na saúde dos voluntarios que contribuíron á limpeza das praias na costa coruñesa. Uns datos dos que se fai eco hoxe a revista científica Annals of Internal Medicine.
O xefe de Neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), Héctor Verea, é un dos participantes neste estudo e sinala que os afectados deben levar hábitos de vida saudables, de forma máis intensa que unha persoa que non os padece.
"Deben de abandonar o hábito de fumar, beber alcol de forma moderada e non inxerir graxas saturadas", indica o neumólogo coruñés.
Neste último estudo, que terá continuación no futuro, analizáronse uns 700 mariñeiros. Un grupo de 500 da Confraría dá Costa da Morte, máis expostos ao chapapote, e 200 da Confraría de Pescadores de Lugo, con menor incidencia.