Posible movemento na Xustiza. Os xuíces expoñen o copago para reducir o colapso dos tribunais. A Asociación Profesional da Magistratura (APM) cre que a medida reduciría os litixios sen fundamento e diminuiría o tempo de resolución. Ademais, imporíase unha taxa para os que manteñan procedementos que non poden prosperar. As cifras da Xustiza son denotativas: 1.862 casos de media, instruídos por xuíz ao ano e 1.700 euros é o custo medio por causa.
Pero analicemos máis detalladamente tan importante intento de modificación. Nada menos que 800 xuíces substitutos ou suplentes traballan cada día. A planta xudicial creceu un 32,50% nos últimos dez anos. Paralelamente, a carga de traballo aumenta un 59,16%. En España "tocan" 9.359 habitantes por cada "juzgador" e a media de litixios por habitante é de 0,20. A APM di que a situación da Xustiza require solucións contundentes.

Velaquí algunhas: 1) Paralizar a implantación da nova oficina xudicial. 2) Desaparición dos xuíces substitutos en tres anos. 3) Cambio no modelo de demarcación xudicial. 4) Incentivación económica.
Sobre se é viable implantar unha taxa aos cidadáns que litiguen de forma temeraria, din que non só é viable, senón necesaria. Un aspecto negativo que se deriva da gratuidade da Xustiza consiste na presentación de demandas infundadas ou temerarias, ante o que debe establecer mecanismos correctores. O primeiro sería evitar a gratuidade, mediante a limitación para aplicar fondos públicos e a imposición de sancións. Medidas que se verían favorecidas coa inclusión da asesoría previa como forma de influír na decisión de levar ou non o seu asunto a xuízo.
Pregúntase tamén se a desaparición dos xuíces substitutos axudaría a acabar coa interinidade e contéstase que si. As substitucións permiten aos xuíces de carreira o goce de licenzas, permisos, baixas por enfermidade, etc. Con todo, un estudo do profesor Ramos Romeu demostra que se produce unha porcentaxe notable de revisións das resolucións adoptadas polos xuíces substitutos, fronte ás tomadas polos xuíces de carreira. As opinións antedichas foron emitidas por Agustín Pérez-Cruz, catedrático de Dereito Procesual da Universidade da Coruña.

¡¡¿Os xuíces queren menos traballo e máis salario?!! Que se poñan a traballar e que se deixen de caralladas, non está o pais para que os xuicés vivan aun mellor do que viven.