Non se trata soamente de que o Goberno considere a Educación como unha parcela máis a recortar no gasto do Estado, e de que se actúe cegamente sobre ela sen comprender a súa importancia. Non, é que están actuando deliberadamente para deteriorar e desacreditar o Ensino Público, para favorecer á privada.
Isto comezaron a facelo comunidades autónomas como a de Madrid, polo menos desde principios do curso lectivo que agora está finalizando, é dicir, desde o verán pasado, cando aínda gobernaba na Moncloa o presidente Zapatero. Como proba irrefutable, está o feito de que, mentres se esixía aos profesores un incremento das súas horas lectivas (e como consecuencia directa, deixábanse de contratar entre 2.000 e 3.000 profesores interinos só en Madrid), aumentaban as desgravacións fiscais na Renda para aquelas familias que enviasen aos seus fillos a estudar no ensino privado concertado.
A intencionalidade estaba -e segue estando- clarísima. Isto é moi importante comprendelo.
O Partido Popular xa non oculta as súas intencións de reformar o conxunto do sistema educativo. A semana pasada, unha portavoz do PP no Congreso aseguraba que o modelo educativo español estaba fracasado (¡¡??), e xa que logo era necesario modificalo. E eu pregúntome, se admitísemos que fracasou (algo moi discutible e opinable), ¿seica o mellor xeito de melloralo é reducir drasticamente os orzamentos e os recursos do ensino público? Paréceme un disparate monumental.
O asunto da Educación ten unha importancia capital para o futuro e o benestar da sociedade, nunca nos cansaremos de dicilo, e non se pode permitir que un goberno dunha cor determinada reforme e deteriore a calidade do ensino de forma UNILATERAL. A súa reforma estaría condenada de antemán ao fracaso, pero ademais os danos serían catastróficos e irreparables.
Este tema é extremadamente serio.